Onte vimos The Trial of the Chicago 7, a película de Aaron Sorkin sobre o xuízo a activistas polos disturbios na convención demócrata de 1968 en Chicago.

Pasaron xa 50 anos dende os feitos que conta a película, pero chama moito a atención como todo o que conta parece tan actual. Dende o feito de que se trata en todo momento dun xuízo político para criminalizar a disensión ata o momento en que os policías sácanse as placas identificativas antes de atacar aos manifestantes, todo son cousas que aínda pasan, aquí e hoxe en día.

Excepcións, quizais, pero que sempre caen sobre os mesmos, os que ven que aínda temos aínda moito que avanzar, moito que gañar, e se atreven a intentar forzar o ritmo do cambio.